Quantcast
Channel: Inicio - Xenealoxía.org - Genealogía de Galicia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 107

A Torre de Lantaño...¿ou Lantañón?

$
0
0

Sempre me tentou a idea de localizar a situación da antiga torre dos Soutomaior derrubada polos Irmandiños e volta a refacer anos máis tarde, para acabar pasando ás mans do Arcebispado de Santiago de Compostela no S. XVI.

A fortaleza de Lantaño derrocada polos Irmandiños, foi reconstruída por Suero Gómez de Soutomaior utilizando os servicios forzados dos seus vasalos, tal e como se recolle das declaracións dos testigos no Pleito Tábora Fonseca.

Na parroquia de San Pedro de Lantaño non atopei vestixios nin materiais nin en protocolos que me levaran a localización da Torre. En vista disto proseguín o meu estudio nas parroquias limítrofes o que me levou a pararme na aldea de Lantañón pertencente á parroquia de Sta. María de Paradela e limítrofe a Lantaño.

O motivo deste traballo é tentar clarexar o que para o meu entender é un erro de transcrición dun topónimo. A confusión entre Lantano e Lantanoo, o segundo diminutivo do primeiro e que logo evolucionarán a Lantaño e Lantañón respectivamente. Lantañón é unha aldea de Sta. María de Paradela limítrofe á parroquia de S. Pedro de Lantaño.

Os protocolos que están o meu alcance da época medieval e moderna, que non son copias contemporáneas, son os que se atopan no Arquivo Histórico de Pontevedra e no Museo de Pontevedra.

Os máis antigos, os do Museo de Pontevedra, remóntanse ó ano 1.417.

Á colección Casto Sampedro pertence unha copia de foros e vendas do Mosteiro de San Xoán de Poio. Transcribo a parte que se refire ó topónimo Lantaño:

27/outubro/1.417:

“...abade do mosteiro de S. Xoán de Poio por mi e en nome da abadía (...)aforo (...) a vós Juan de Outeiro morador en feligresía de San Pedro de Lantano...”
“...aforo a vós (...) morador en Fontenla da feligresía de S. Pedro de Lantano a heredad das Quintas...”

1.418:

“Fuero para siempre de una heredad que se llama la Chousa junto cõ el palaçio de Foteela e Lãtanõ. (...) aforamos para sempre a vos Lope/Lopo? Rodrígues (...) de San Pedro de Lãtano (...) que se chama da Chousa (...) do paazo de Fonte˜ela ...”
“fuero de unha heredad do paaço da Fonteela en Lantano para siempre a Joao da Fonte”

Con respecto ó topónimo Lantañón, Lantanoo, o documento máis antigo pertence tamén ó fondo do museo de Pontevedra. Trátase dunha copia do tumbo da Ilustre Asociación da Santísima Trinidade.

1.438: Donación de dúas canadas de viño nunha viña que

“está e he sita junto a la torre de Lantanoo, que e, ena dita terra de Salnés”

23/febreiro/1.454: Testamento de Paio Gómez de Soutomaior

“...estando ena hermida de San Gregorio que he junto da cassa de Lantanoo de terra de Salnes jaçendo enfermo ena dita hermida enfermo en huã cama Pay Gomez de Soutomayor señor de dita cassa de Lantanoo de aquela (...)

1.483: escritura de maoirazgo outorgada por Suero Gómez de Soutomaior en favor da súa filla dona María de Soutomaior:

1483. Lantanoo


Viewing all articles
Browse latest Browse all 107