Quantcast
Channel: Inicio - Xenealoxía.org - Genealogía de Galicia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 107

Casas fidalgas do concello de Forcarei II - Familia Soto

$
0
0

ARMAS DOS SOTO

Escudo dos Soto. HermosendeA finais do século XVI podíase observar as armas dos SOTO tanto na capela da Visitación de Santa Isabel do mosteiro de San Francisco en Pontevedra como na igrexa de Millerada. Segundo o testamento do rexedor Juan Soto feito en 1586, as armas da súa liñaxe son cinco flores de lis e unha torre e unha árbore cunha venera.

Na igrexa de Millerada hai un escudo dos Soto, se ben non se ve a torre e no cuartel superior aparecen as armas do Santo Oficio. E no oratorio do pazo conservábase tamén un escudo en madeira, semellante ao da igrexa, que agora ten a actual propietaria na súa casa.

XENEALOXÍA DOS SOTO

Nos primeiros tempos os integrantes da familia aparecen co apelido SOTO que alterna con SOUTO, se ben ao parecer son descendentes de Álvaro Soutiño.

Nun preito da Real Audiencia (ARG 23745/58) dise que Francisco de Soto, que foi cura de Millerada aproximadamente desde 1569 ata 1609, era fillo de Álvaro Soutiño, reitor da parroquia de san Pedro de Erbo, moi preto de Lalín, o cal é moi posible xa que o seu irmán Juan Soto no seu testamento cita a seus irmáns, a seus sogros, a un tío chamado tamén Juan, enterrado en Herbo, e pai doutro Juan Souto rexedor en Ourense, pero curiosamente non cita a seus pais de forma específica. Por outro lado dito Francisco era curmán segundo de María SOUTIÑO, a muller do escribán de Castro Cavadoso don Francisco Ogando, a quen Francisco Soto acusou de asasinato de dita María.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 107