Extraído da Revista Estadística Española números 60, 61, 62 e 63, segundo semestre de 1973 e primeiro semestre de 1974, por Rafael Mir de la Cruz. Traducido o galego por Noelia Muñíz Vidal.
Patronímicos e Apelidos máis frecuentes
Os patronímicos españois máis comúns, como Fernández, García, González, López, Rodríguez, alcanzan maior proporción que nas medias nacionais, presentando algúns, como Bermúdez, Núñez e Suárez, coeficientes máis altos, o mesmo que acontece nas próximas rexións asturiana e leonesa. Os xentilicios xenuinamente galegos levan as desidencias -es ou -is. O -zé innovación castelá, aínda que, como antes indicamos, hai nomes de orixe sueva co sufixo -riz. Os apelidos portugueses que corresponden aos seus correspondentes patronímicos casteláns rematan tamén en -es: Fernándes, Rodrígues.